Que é Pon un link?

É un sistema para subir links interesantes e compartilos co resto de usuarios

Como funciona?

O sistema é moi sinxelo. Cada usuario pode subir os links que queira e tamén ver os que soben os demais usuarios. Podes marcar como favoritos aqueles links que máis che gusten ou que desexes localizar rapidamente. Ademais existen varios canais temáticos que che permiten atopar facilmente os links que che interesen.

Como subir links?

Podes subilas desde a propia páxina clicando no botón "Inserir novo link" ou tamén podes subila directamente sen visitar esta páxina colocando o noso marcador javascript na barra de favoritos do teu navegador.

Que é iso do marcador javascript?

É o xeito de engadir en Pon un link a páxina que esteas visitando nese momento de forma directa e cun só click. Para iso tes que arrastrar este link á barra de favoritos do teu navegador: Agregar link. Se non o tes moi claro, fíxate neste vídeo:

Que máis me ofrece Pon un link?

Ademais de compartir e descubrir ligazóns interesantes, podes personalizar o teu usuario co nome que ti queiras en cada momento e deixar unha mensaxe de estado para o resto de usuarios. Asemade, Pon un link identifica os links de youtube, vimeo, flickr e moitos outros sitios coñecidos e permíteche ver o vídeo ou fotografía directamente sen necesidade de ir á páxina orixinal.

Quen é o Sr. X?

Esta páxina foi creada por Oscar Otero. Para dúbidas, suxestións, queixas ou o que queiras: oom@oscarotero.com

Vale, convencíchesme. Quero formar parte de Pon un link

Pois é moi sinxelo. Para lle tirares todo o proveito a estas vantaxes e de balde só tes que crear unha conta